crear
medrar,
xogar
Obradoiros
A familia é o primeiro axente socializador de nenas e nenos polo que a súa educación resulta un reto, unha responsabilidade e tamén unha das nosas maiores satisfaccións.
Os nosos obradoiros marcan o camiño e sentan as bases e ese primeiros pasos para facelo doado. Entender como funciona o noso cerebro, as nosas emocións, que pasa e porque, reduce en gran medida a ansiedade asociada á crianza e facilita a resolución dos conflictos máis habituais.
En Lambita estimulamos a participación activa e traballamos xunto con vós para axudar a contrarrestar os problemas que se poden presentan na familia e na sociedade. Trátase de promover unha educación respectuosa e eficaz, baseada no amor, na liberdade e na tolerancia.
Escola de familias
A paternidade e, máis habitualmente, a maternidade nos resultan abrumadoras e solitarias. Sentimos moitas veces que nos faltan recursos, unha axuda, ou simplemente a posibilidade de compartir dúbidas, logros e inquedanzas.
Por iso a Escola de Familias, é un excelente instrumento xa que, non só propicia ás persoas participantes a información e a formación necesarias, senon que ademáis creamos un lugar de encontro para compartir experiencias e reflexionar. Un espazo seguro e guiado onde promover uns bos hábitos educativos. Unha ferramenta para mellorar a calidade educativa na familia con unha programación adaptada para cada grupo.
Asesorías individuais
Como familias necesitamos aprender a vivir, a convivir, a soñar e facer realidade os nosos soños. Témolo claro, pero no camiño, ás veces, aperecen pedras que parecen obstáculos insalvables. Entón pouco a pouco van aparecendo a inseguridade e a culpa, e, esas pedras, como bolas de neve, van medrando ata que sentimos que nos sobrepasan.
O noso traballo é identificar e axudarvos a superar esas dificultades para que a educación e a convivencia sexan esa aventura que imaxinades. Darvos todas as ferramentas que precisedes para que poidades aplicar solucións. Trátase de atopar para vós unha educación que funcione, que sexa respectuosa tanto con nenas e nenos como coas persoas adultas que participades da crianza, e, sobre todo, de recordarvos que xa tedes todo o que as vosas nenas e nenos precisan. Nós só encendemos a luz que xa levades dentro.
Se estás nun momento en que sintes que as xeralidades non che axudan, que estás cada vez máis superadx, que precisas solucións adaptadas ao teu caso, se te sintes perdidx nalgún aspecto da crianza ou educación ou precisas coller algo de alento, só tes que pedilo.
Contos e relatos
Contos e relatos Encántannos os #contos, os #relatos curtos e os longos, as lendas, as fábulas… É que estamos feitxs de historias! . Cando facemos un obradoiro sempre nos gusta incluír algunha actividade de #narración ou #creación así que hoxe, posto é o #diadacreatividade, propoñémosvos este #xogo de #estimulacióncreativa inspirado polo #binomiofantástico de #GianniRodari. Só precisades papel e boli. . Trátase de poñer palabras ao azar en anaquiños de papel
Nova normalidad
Nova normalidade Na porta da casa a bici e os patíns agardan o pistoletazo de saída, e os calendarios comezan a sinalar xa as datas dos reencontros que esperamos con tanta ilusión. A incertumbre semella estar diluíndose aos poucos. Imos #voltar, e sen ter moi claro como será, comezamos a encher a nosa #mochilaemocional para transitar un novo
Diccionario de emocións e fenómentos activos
Diccionarios de emocións As posibilidades de #comunicación medraron vertixinosamente, afectando a todas as ordes e niveis da vida das persoas, incluíndo os aspectos cognitivos e emocionais. · Aumentaron tamén os comportamentos que raian no patolóxico, como o son a #ansiedade, a #depresión, a disciplina, a violencia, os trastornos da alimentación, etc. · Todos eles son compoñentes do que