Contacto

Blog

Aula Virtual

Plan acompañamento intensivo

170,00 119,00

Asesorías individuais para traballar de maneira profunda, focalizada e persoal.

Inclúe:

  • Sesión inicial de valoración de 60 min de duración.
  • 3 sesións individuais de 60 min de duración.
  • Plan de traballo persoalizado
  • 1 mes de seguimento
Precio del producto
Total de opciones adicionales:
Total del pedido:

con máis detalle

Como familias necesitamos aprender a vivir, a convivir, a soñar e facer realidade os nosos soños. Témolo claro, pero no camiño, ás veces, aperecen pedras que parecen obstáculos insalvables. Entón pouco a pouco van aparecendo a  inseguridade e a culpa, e, esas pedras, como bolas de neve, van medrando ata que sentimos que nos sobrepasan.

O noso traballo é identificar e axudarvos a superar esas dificultades para que a educación e a convivencia sexan esa aventura que imaxinades. Darvos todas as ferramentas que precisedes para que poidades aplicar solucións. Trátase de atopar para vós unha educación que funcione, que sexa respectuosa tanto con nenas e nenos como coas persoas adultas que participades da crianza, e, sobre todo, de recordarvos que xa tedes todo o que as vosas nenas e nenos precisan. Nós só encendemos a luz que xa levades dentro.

Se estás nun momento en que sintes que as xeralidades  non che axudan, que cada vez che desborda todo máis, que precisas solucións adaptadas ao teu caso, se te sintes perdidx nalgún aspecto da crianza ou educación ou precisas coller algo de alento, só tes que pedirnos unha cita.

Con esta opción intensiva podes ter a tranquilidade de que non pararemos ata dar cunha solución adecuada e adaptadas ás vosas necesidades. Un mínimo de 4 sesións máis un mes completo de seguimento posterior para ir axustando ata o máis mínimo detalle. Unha solución única e adaptada a vós.

× ¿Axudámoste?