Contacto

Blog

Aula Virtual

ante
todo,

persoas

ante
todo,

persoas

ante
todo,

persoas

Que é Lambita?

Lambita é un proxecto  de crecemento e creatividade que nace do afán por buscar novas vías de aprendizaxe e creación, de seguir explorando os sendeiros de desenvolvemento persoal, e de compartir o pracer do xogo.

Quen compón Lambita?

LAURA é empática, reflexiva, optimista, detallista, creativa e adora o traballo minucioso.

CRIS é curiosa, analítica, creativa, pragmática. Amante de todas as cousas vivas.

Ambas somos enerxías complementarias, e xuntas conformamos un equipo de xogadoras incansables, observadoras experimentadas e curiosas incombustibles. Con curiosidade e empatía analizamos minuciosamente o mundo que nos rodea, atopando nel o equilibrio.

 

Que facemos?

Creamos Lambita como un proxecto vital no que medrar e formarnos de maneira continua,  compartindo e explorando novos horizontes, e poñendo o noso coñecemento e experiencia á disposición das persoas para contribuir ao seu crecemento e desenvolvemento persoal.

× ¿Axudámoste?